top of page
VI Semana Universitaria da Economía Social. 
Acto central.

Celebrouse o día 26 de marzo de 2025 na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e participaron:

  • A nivel institucional: Marta Mariño (Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social), Pilar Murias (Vicerrectora de Estudantes da USC), Romina García (Vicedecana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais) e Maite Cancelo (Directora do CECOOP).

  • Na primeira parte do acto a directora do CECOOP presentou o Portal Estatístico da Economía Social en Galicia (GALESTAT) e o Informe sobre a Economía Social en Galicia 2023.

  • Na segunda parte do mesmo participaron os representantes do sector:

    • Mino Martínez (Presidente do Foro da Economía Social Galega) que falou sobre “que é a Economía Social?” e presentou a catro entidades das principais familias da ES galega que expuxeron o seu modelo empresarial:

      • Carlos Carrión. Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana (bodegas Paco & Lola)

      • Xosé Lois Lamazares. Lugar da Veiga SLL (galletas Mariñeiras)

      • Rosa Gutiérrez. Coregal. Centro Especial de Emprego

      • Víctor Manuel Blanco .Primicias Raiña Empresa de Inserción Laboral

 
 
 
A Economía Social na Aula

Do 24 de marzo ao 3 de abril de 2025 profesorado de varias materias dos graos de Economía, Administración e Dirección de Empresas e dobre grao de Dereito e Relacións Laborais abordaron o concepto e a cuantificación da Economía Social galega dende o punto de vista da política económica, o dereito do traballo, o desenrolo económico e a sustentabilidade, a econometría, as finanzas ou a organización de empresas, incorporando de forma transversal estes conceptos nas clases interactivas das respectivas materias ou nalgunha actividade extracurricular.

Contacto

Maite Cancelo

Directora

Manuel J. Botana Agra

Presidente comité científico

Alicia Villalba

Secretaria

Ubicación

Despacho número 150

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus Norte. 15782 Santiago de Compostela

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

image.png
bottom of page